Site icon Crónica3.com A Mariña

Rogo PP de Viveiro Pleno 7 febrero

En Viveiro, a 2 de febreiro de 2018. Antonio J. Bouza Rodil, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Sra. Alcaldesa da Corporación, as seguintes preguntas sobre as que desexa obter no próximo Pleno, a correspondiente resposta, ben sexa oral ou por escrito.

Son varias as vivendas que se encontran en mal estado, como consecuencia da súa falta de mantemento, dentro do Casco Histórico de Viveiro.

Asi varios veciños da Rúa Rosalía de Castro nos alertaron do lamentable estado que presenta o inmoble nº 16 desta rúa, tal e como se pode comprobar nas fotas que adxuntamos. Esta situación preocupa a estes veciños ante o risco de posibles derrumbes que puideran producirse, xunto con outras circunstancias insalubres que poden derivarse deste estado tan calamitoso.

O Casco Histórico debería de ser obxecto da máxima atención e o máximo coidado por parte do equipo de goberno local, ó constituir un claro sinal de identidade de Viveiro e un recurso primordial para a atraer visitantes e consolidar así unha boa imaxe dun Concello turístico coma o noso.

Por todo o exposto e en aras de salvagardar a seguridade dos veciños próximos a este inmoble, xunto co apuntado para mellorar a imaxe do noso Casco Histórico, librandoo do impacto visual negativo que supón a existencia destas construcción ruinosas, e polo que lle ROGAMOS á Sra. Alcadesa que se adopten as medidas necesarias para darlle unha pronta solución a esta preocupante situación.

Exit mobile version