Site icon Crónica3.com A Mariña

Ramiro Fernández Rey destaca o interese deportivo e turístico que terá para a mariña a celebración do campionato de España de seleccións sub17 de fútbol sala feminino, que se disputará en Burela, Foz e Viveiro do 7 ao 11 de febreiro

020218 Foto Campionato Burela 1Burela, 2 de febreiro de 2018. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, destaca o interese deportivo e turístico que terá para A Mariña a celebración do Campionato de España de Seleccións Sub17 de Fútbol Sala Feminino, que se disputará en Burela, Foz e Viveiro do 7 ao 11 de febreiro. Hoxe tivo lugar a presentación deste evento deportivo no salón de pleno do Concello burelés.
Fernández Rey contou que “tivemos a presentación no salón de plenos do Concello de Burela do Campionato de España Feminino Sub17 de Fútbol Sala Feminio. Queremos agradecer, en primeiro lugar, á Federación Galega de Fútbol que se acordara de Burela para este tipo de competicións, que para min, como concelleiro de Deportes, e para o equipo de goberno son prioritarias, sobre todo as competicións de deporte base, como é este caso. O ano pasado xa apostamos polo campionato de baloncesto. E máis que sexa unha competición feminina, apostando claramente polo deporte en igualdade, tamén é algo que nos satisfai moitísimo e vamos seguir apostando por isto”.
O edil burelés relatou que “na presentación de hoxe estiveron presentes tanto o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, como o xefe de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo, Manolo Cadramón; o deputado provincial e delegado de Deportes da Deputación, Pablo Rivera; os alcaldes de Burela e de Foz e o concelleiro de Deportes de Viveiro, así como o presidente do CD Burela FS, que tamén se sumaron a esta organización”.
O concelleiro de Deportes dixo: “temos que facer unha valoración moi positiva desta noticia para Burela. Eu penso que vamos poder gozar do mellor fútbol sala feminino que se pode ver hoxe en día en categorías sub17. Esperamos que a xente goce deste campionato e nós vamos apostar decididamente por este tipo de eventos porque ademais da repercusión deportiva que teñen tamén é importante a nivel turístico para toda A Mariña, o que hai que poñer en valor tamén”.

Exit mobile version