Desde Gaia explican que “coa axuda dunhas simples cañas de pescar os participantes puxeron en marcha a súa habilidade, destreza e coordinación para pescar todo tipo de envases, posteriormente clasificalos e depositalos nos seus colectores correspondentes”. A edil Noelia Mª Ben destaca que “a través deste xogo pretendemos ensinar a clasificar correctamente os residuos xerados no fogar”.