Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Cervo demandan ao Alcalde unha maior implicación na creación de empresas e na xeración de emprego na vila

Cervo, 17 de febreiro de 2018.- O voceiro do PSOE en Cervo, Francisco Mon Fernández, demanda ao Alcalde unha maior implicación na creación de empresas e na xeración de emprego na vila. Fíxoi trala aprobación no pasado pleno do selo Doing Bussines Galicia, que promove a Xunta para a redución das cargas administrativas ás empresas. O voceiro advirte que “esta iniciativa soa non é suficiente para atraer as empresas, o Concello de Cervo ten que implicarse de cheo na creación e na promoción do emprego”, explicou.
O voceiro socialista sinala “queremos deixar constancia sobre este protocolo, que xa que pese a non ter valor xurídico, pon de manifesto compromisos carentes de respaldo normativo. Por isto, por parte do Concello, nos Convenios Administrativos que se fagan en base a este Protocolo, polas súas implicacións xurídicas, sí deberán ser redactados con sumo coidado para non incorrer en discriminacións e contradicións coa Normativa Vixente. Posto que o crecemento e a mellora na calidade de vida non é incompatible coa destrución do noso territorio nin a súa venta ás multinacionais a prezo de saldo”.
Mon Fernández lembra que “fai menos dun mes, debateuse a aprobación inicial do orzamento para 2018, e deixamos unhas directrices e medidas claras encamiñadas á reactivación socio-económica do Concello como contraposición á improvisación de Villares e goberno do PP, todo isto encamiñado a frenar a diminución da poboación e poder fixala no noso Concello mediante a creación de emprego e a potenciación de novos motores económicos”. E prosigue, “ao final parece que nos dan a razón, coa sinatura deste protocolo entre a FEGAMP e a XUNTA, para implicarse de maneira directa no plan de incentivos que propuxo o Grupo Socialista, para a reactivación económica , e mellorar así a calidade de vida, o crecemento e a recuperación do estado do benestar no Concello de Cervo”, advertiu.
Así as cousas replica que a sinatura deste protocolo é insuficiente “esta proposta é unha parte máis da ferramenta que necesita o Concello de Cervo para saír do afundimento social e económico ó que o ten sometido o Goberno do PP de Alfonso Villares”, resumiu,

Exit mobile version