Site icon Crónica3.com A Mariña

O Goberno da Deputación, principal patrocinadora da Festa da Androlla, na que se comercializarán 2.000 quilos

deputación-festa da androllaLugo, 5 de febreiro de 2018. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Alcalde de Navia de Suarna, José Fernández Fernández, presentaron este luns no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, a XXVIII edición da Festa Androlla que se celebra o vindeiro 11 de febreiro na Praza do Concello desta localidade. O Goberno da Deputación é a principal administración patrocinadora desta cita cunha achega de 3.000 euros dirixidos a financiar parte dos custos desta cita gastronómica. No acto, participou a produtora María del Carmen Sánchez Iravedra.

Campos Conde explicou que “a través das colaboracións con este tipo de citas buscamos dinamizar turisticamente os Concellos da provincia, aproveitando os recursos gastronómicos dos que dispomos. Por iso, dende o Goberno da Deputación
máis de 100.000 euros para facer posible a celebración de 28 citas gastronómicas nos Concellos da provincia de Lugo, sendo na maioría dos casos a única administración que colabora cos municipios na organización deste tipo de eventos. Deste xeito, promovemos os produtos autóctonos e de calidade, ao tempo que se dinamiza a economía local”.

“É unha oportunidade única para incentivar a economía do municipio pois ademais de ofrecer de xeito totalmente gratuíto máis de 200 kg deste manxar, comercializaranse uns 2.000 quilos de Androlla nos 30 stands que participan na festa, que suporá un volume de negocio superior aos 10.000 euros”, apuntou Campos Conde.

Fernández Fernández agradeceu a colaboración provincial coa Festa da Androlla e convidou a todos os visitantes a achegarse este domingo a Navia de Suarna para desfrutar desta cita gastronómica e descubrir ademais os recursos patrimoniais e naturais do Concello”.

Programación da Festa
A XXVIII Festa da Androlla celebrase o 11 de febreiro na Praza da vila en Navia de Suarna. A cita gastronómica comeza ás 10:00 con pasarruas e gaitas, a partir de esa mesma hora comezará a proba de habilidade no circuítos de Grandela, coa celebración da II Ruta da Androlla 4×4. A partir das 10:30 horas ábrense os 30 stands da festa, e a partir das 13:00 horas comeza a degustación deste produto típico. As 15:00 horas celebrase o xantar oficial, e ás 18:00 horas, clausurase esta cita con actuacións musicais pola rúas da vila.

Exit mobile version