A edil de Turismo, Manuela Méndez, sinalou que dende o Concello de Cervo “acordamos ampliar os horarios de peche da hostelaría local durante as datas próximas de Entroido, e tamén na Semana Santa”. Así, os establecementos poderán abrir unha hora máis do legalmente establecido dende este venres, 9 de febreiro, ata o martes 13, ambos incluídos; e tamén dende o 28 de marzo ao 1 de abril”. Con esta medida –engadiu- o que pretendemos é contribuír a que a nosa hostelaría saia reforzada nestes días tan sinalados; “datas nas que hai un importante fluxo de potenciais clientes que benefician á nosa vila e á economía local”.