Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Foz solicita o arranxo urxente da rúa da Constitución

Foz, 19 de febreiro de 2018. O BNG de Foz presentará no próximo Pleno ordinario, que se celebrará o xoves 22 de febreiro, unha moción na que propón que o Goberno Municipal acometa as obras necesarias para o adecentamento e a reparación da rúa da Constitución.

Na exposición de motivos, as concelleiras nacionalistas Lorena Seivane e Teresa Rego salientan o tránsito cada vez maior de peóns e vehículos de motor que se dá na zona do porto e do peirao de Foz, debido en parte ao aumento da oferta hostaleira na mesma. A pesares diso, algunha das rúas que levan ao porto atópanse en malas condicións, especialmente a rúa da Constitución.

É sabido que por debaixo desta rúa, na confluencia coa rúa do Porto, pasa unha fonte, que é a que está a desfacer o chan por debaixo, ao tempo que deteriora o empedrado e levanta as lastras do chan, creando un problema de estética e de seguridade. Para solucionalo é necesario levar a cabo unha importante obra de canalización do rego de auga, de colocación dun enreixado e de pavimentación co firme máis axeitado para a zona.

O BNG confía en que se aprobe a moción para poder acometer canto antes unha obra tan necesaria, porque o deterioro deste tramo da rúa xa vén de lonxe e vai a máis cada día.

Exit mobile version