Site icon Crónica3.com A Mariña

O Alcalde burelés, Alfredo Llano, e os concelleiros de Servizos Sociais e Sanidade, Patricia Otero e José Díaz, participaron esteste domingo en Santiago de Compostela na manifestación para demandar unha sanidade pública de calidade e en defensa da área sanitaria da Mariña

040218 Foto manifestación Santiago 2Centos de veciños e veciñas desta comarca desprazáronse en 10 autobuses e coches particulares ata a capital de Galicia para acudir a esta movilización reivindicativa. O rexedor burelés e presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano, dixo que “hoxe púxose de manifesto, unha vez máis, que os veciños e as veciñas desta comarca non están de acordo coa política sanitaria do PP”. E insistiu en que “a supresión da área sanitaria da Mariña é un retroceso absoluto e supón unha perda dos dereitos adquiridos ao longo dos anos. Seguiremos loitando por unha sanidade pública, universal e gratuíta para todos e todas”.

Exit mobile version