Burela 5-2-18. Os Campionatos de San Xoán Bosco, organizados pola A.C. “Os Matos”, é unha das actividades anuais do I.E.S. Perdouro. Durante o mes de xaneiro, o alumnado de 1º e 2º de E.S.O. participou en diversas modalidades lúdicas e deportivas, que remataron na mañá do luns 5 de febreiro.
Os participantes puxeron ilusión e gañas nas distintas modalidades que se ofertaban:
Individuais: 4 en liña e Damas;
Parellas: Construcción de Puzzles;
Grupos: Baloncesto e fútbol sala.
As primeiras eliminatorias, e as finais individuais e de parellas, desenvolvéronse nas instalacións do centro durante os recreos, ata o día 29 de xaneiro. As finais de grupos disputáronse no pavillón polideportivo dos institutos o día 5 de febreiro pola mañá e foron arbitrados por Antón Niñe, presidente da AC Os Matos, e Benxa Soto, profesor de Educación Física.
Da organización e coordinación dos Campionatos encargouse un grupo de profesores contando co apoio do Equipo Directivo do Instituto.
Os vencedores das distintas modalidades, que recibiron as súas correspondentes medallas, son:
4 en liña: Laura Quiroga Rivas (2º ESO B)
Damas: Álvaro Fernández Prado (1º ESO B) e Laura Quiroga Rivas (2º ESO B)
Puzzles: Raúl Fernández Fernández e Pablo Alonso López (1º ESO B) e Anxo Díaz Fernández e Hugo Cobas Linares (2º ESO A)
Baloncesto: Equipo de 2º ESO A (Hugo Cobas Linares, Anxo Díaz Fernández, Pablo Fernández Rubal, Martín González Cabanas, Julia Iglesias Fernández e Marta Rodríguez López)
Fútbol Sala: Equipo 2º ESO A (Hugo Cobas Linares, Anxo Díaz Fernández, Pablo Fernández Rubal, Martín González Cabanas e Julia Iglesias