Cervo, 3 de febreiro de 2018.- A parroquia de Cervo celebrará o Entroido a vindeira fin de semana, o 10 e 11 de febreiro.
A cita foi presentada polo rexedor, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e en representación de Airiños do Xunco, Carlos Sanz e Azucena Cabodevila.
O sábado, ás 18:30 horas, terá lugar o tradicional Play-Back Infantil na salón de actos do Casa do Concello; e o sábado será a quenda do desfile de Entroido.
Os participantes deberán concentrarse ás 17:00 horas no Pavillón de Cervo para formalizar a inscrición no desfile.
Xa ás 18:00 horas está prevista a saída do mesmo polas rúas de Cervo. A continuación terá lugar a entrega de premios aos mellores disfraces individuais, parellas, grupos e comparsas; que recibirán figuras de cerámica e unha cesta de produtos típicos de Entroido.
A Festa estará amenizada pola charanga Aturuxo.
As comparsas integradas por máis de 8 persoas, que se inscriban antes do 10 de febreiro, recibirán unha cesta de produtos típicos de Entroido de balde.
Para máis información os interesados poden chamar aos teléfonos 600 96 83 44 ou 982 55 76 13.