Este venres 2 de febreiro, o Colexio Martínez Otero de Foz recibiu a visita da escritora lucense Sabela Núñez Singala. Núñez Singala, mestra de profesión, acudiu ao noso centro para compartir sensacións e aprendizaxes co alumnado de 5º e 6º de Primaria. O encontro co noso alumnado xirou arredor da súa ópera prima “O agasallo de Anya”, que naceu como inspiración dunha iniciativa solidaria de axuda mutua entre a infancia galega e a de Ucraína. A conversa literaria mantida coa autora foi moi amena, dinámica e entretida. Ademais, e cara ao final do acto, a escritora prestouse para asinar varios exemplares das súas obras.