64 sendeiristas de Pasada das Cabras viaxaron este sábado ao concello de Quirós en Asturias para recorrer unha das rutas máis espectaculares do norte: a ruta das Xanas.
redac
A Ruta é un fermoso desfiladeiro que moitos chaman o “Pequeno Cares” e é que en moitos aspectos non ten nada que envexar a esa ruta, xa que ten unha primeira parte dun bonito desfiladeiro e unha segunda zona de bosque mixto. Como se anunciou, a choiva acompañou en todo momento e o frío era bastante intenso xa que as montañas estaban totalmente nevadas. A seguinte saída será o 10 de marzo novamente a Asturias para facer a Ruta do Oso en Proaza.