45 mariñáns participaron onte nunha excursión á feira do cocido de Lalín
redac
Corenta e cinco mariñáns, concretamente veciños dos concellos de Ribadeo, Barreiros e Foz, participaron onte, domingo, na excursión á Feira do Cocido de Lalín organizada pola axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado. Ademais de participar na Feira do Cocido, festa declarada de interese turístico nacional que cumpre a súa 50ª edición este ano, asistiron ao desfile de Entroido de Lalín e visitaron o santuario da Virxe do Corpiño. Puideron facer todas estas actividades a pesar das adversas condicións meteorolóxicas, pois viron como nevaba tanto na viaxe de ida como na de volta.