Site icon Crónica3.com A Mariña

Seis meses de protestas e centos de persoas nas concentracións semanais na Mariña

IMG-20180124-WA0031A Mariña , 24 de Xaneiro de 2018. Como cada mércores, persoal sanitario, usuarias e usuarios da sanidade pública da Mariña, volveron concentrarse diante do Hospital da Costa e Centros de Saúde para esixir a retirada do proxecto de lei que “pretende borrarnos do mapa como Área Sanitaria. Reclamaron capacidade de xestión dende a comarca para deste xeito “ ofrecer unha prestación sanitaria de proximidade” manifestaron responsables da Plataforma Sanitaria.
Entenden que o obxectivo do PP con esta reforma é avanzar nas políticas de desmantelamento da sanidade pública, dando cabida á sanidade privada, provocar unha perda no número de camas e servizos nos hospitais comarcais, dificultar a accesibilidade aos servizos sanitarios e desmantelar a Atención Primaria.
Esta reforma implica a centralización dos servizos hospitalarios na capital da provincia e a conseguinte perda de servizos e especialidades en Burela, así como desprazamentos constantes da poboación da Mariña, nalgúns casos a máis de hora e media de viaxe , para realizar probas e consultas que até agora realizaban nas súas comarcas.
“ Os grandes beneficiados da reforma sanitaria impulsada polo PP son os hospitais privados da cidade de Lugo”- afirman desde a Plataforma. A conta de resultados dalgúns destes centros, como Polusa ou Nosa Señora dos Ollos Grandes, que curiosamente acometeu unha importante reforma das instalación, é que non paran de medrar a medida que se reduce a carteira de servizos do hospital de Burela.
Ao final das protestas fixeron un chamamento a movilizarse e participar masivamente contra a política de desmantelamento da sanidade do PP, o día 4 de febrero ás 12 horas en Compostela. “ A única forma de parar esta reforma inxusta , insolidaria, xeradora de desigualdade e que afectará a toda a sanidade galega, mesmo ás grandes ciudades, é a mobilización social masiva e contundente como pasou recentemente coa lei de Acuicultura, que se conseguiu frear pola forte contestación social”- conclúen desde a Plataforma.

Exit mobile version