Site icon Crónica3.com A Mariña

Rogo pleno febreiro PP Viveiro

Viveiro a 19 de xaneiro de 2018. Antonio J. Bouza Rodil , en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación o seguinte ROGO para o próximo Pleno :

Nalgunha outra ocasión, en concreto no pleno do tres de febreiro de 2016, temos solicitado unha maior dotación lumínica para a zona de Parquemar, en concreto para o lugar onde se atopa o parque infantil e a pista multideportes.

Nesta ocasión varios veciños desta zona e usuarios destas instalacións se teñen dirixido o noso grupo para trasladarnos o seu malestar pola escaseza de luz nalgún punto do parque, en concreto no trozo que queda despois da pista polideportiva xusto ó lado da caseta de Begasa.

Comentannos que a escuridade total debida a falta dun punto de luz neste lugar concreto, propicia que se observen dende os edificios esceas pouco edificantes e en todo caso, pouco admisibles nunha zona que o día seguinte será escenario dos xogos de moitos nenas e nenos. Algúns destes veciños sinalan que se teñen dirixido ós responsables municipais en varias ocasións para alertalos deste tema e porlle remedio, sin que ata o momento se teña adoptado decisión algunha ó respecto.

Por estes motivos lle ROGAMOS á Sra. Alcaldesa que a maior brevidade posible se instale un punto de luz nesta zona sinalada, ó obxecto de garantir a seguridade de veciños e usuarios, e de paso evitar a impunidade dos que se agochan na escuridade para realizar actividades pouco edificantes.

Exit mobile version