Site icon Crónica3.com A Mariña

PSdeG-PSOE quere facer do remodelado pavillón de Torques de Marzán un espazo cardioprotexido e demanda a instalación dun desfibrilador

Foz 22-1-2018.- Os socialistas demandaran no pleno deste mes de xaneiro, que se tome o acordo de colocar, no recentemente remodelado pavillón deportivo de Foz, un desfibrilador.
Dotación, que terá que vir acompañada do orzamento necesario para o seu mantemento e da realización de cursos periódicos de formación, dirixidos fundamentalmente a persoal municipal e voluntarios dos clubs deportivos, para o manexo do aparello, co obxectivo de que poidan facer uso de dito desfibrilador, en situacións de emerxencia, dunha maneira efectiva e segura.
Chema Linares- voceiro socialista- explica que, “segundo os profesionais sanitarios, os primeiros dez minutos son claves na supervivencia no caso dunha anomalía cardiovascular, así que dende o PSOE, consideramos fundamental dispor deste dispositivo, que pode ser vital para salvar a vida dunha persoa que sufra un ataque cardíaco e así non ter que lamentar ningunha morte súbita nesta instalación deportiva, xa que é un lugar especialmente concorrido por deportistas e veciñanza e onde a normativa autonómica recomenda a súa instalación. Polo que creemos que, o concello, debería poñer á maior brevidade dito desfibrilador para poder dar unha resposta inmediata no caso de que, por desgraza, se produza un caso de infarto. Esperamos o apoio do resto da corporación a esta demanda- remata Linares”

Exit mobile version