Foz 24-1-18. Recentemente un triunfal PP vendía o logro de consignar un mantemento para a estrada N642, temos que lembrar que é competencia estatal por ser de interés xeral. Denunciamos públicamente que moi de interés non é para os gobernos de PP e PSOE do Estado, o resultado de dito interés e o que padecemos os focegos todos os días. Aínda asi recollemos de bo grado a actuación de mantemento que, de momento, promete o goberno do PP e o Ministro de la Serna. Mais dende CxG consideramosque ainda non sendo competencia directa do Concello dende a Administración Local tíñase que ter traballado neste senso.Por iso dende Compromiso demandamos unhas actuacións claras para mellorar a seguridade e a conectividade dos cruces:
•Cangas-Valadouro.
•Cangas-Ribela.
•Cruce do Colexo Fondo Nois.
•Nois-Igrexa de Nois.
A sitiación actual roza o esperpento, obligando a veciños a facer kilometros de máis para chegar as súas casas e provocando situacións de risgo. Compromiso por Galicia Foz, propón:
A REALIZACIÓN DAS OBRAS NECESARIAS PARA FACER ESTES CRUCES A DISTINTO NIVEL, CON PONTES, ROTONDAS E TRINCHEIRAS.
De este xeito facilitamos o tránsito pola N642 e aumentamos a seguridade. Entendemos necsaria e posible esta inversión polo retraso na autovía Barreiros-San Ciprián e porque xa se fixo na N642 en Cervo, concretamente en Daian , Rio Cobo e A Venta. Quizaís os rexedores de Cervo teñan máis peso que os de Foz.