Site icon Crónica3.com A Mariña

O vaso da piscina municipal de Cervo permanerá pechado toda a semana por causas alleas ao Concello

Así o comunicou o ed­il de Deportes, José Ramón Soto, que pun­tualizou “que no día de hoxe xa tivemos que pechar a insta­lación por unha avar­ía de Alcoa, que pro­vocou que a piscina quedase sen condensa­do”. De tal xeito que ago­ra precisamos duns días para recuperar a temperatura da auga polo que, por causas alleas ao Concello, temos que pechala temporalmente. O edil engadiu “que aínda que os usuarios poderán seguir a utilizar con normalid­ade o ximnasio e a sauna, aos socios des­contaraselles no vin­deiro recibo a parte proporcional corres­pondente aos días nos que o vaso permane­cerá pechado”.

Exit mobile version