Foi en 1936 cando o dinámico comerciante instala o cine sonoro, e construe o singular edificio na Avda. da Mariña (que hoxe ocupa parcialmente a Librería Bahía), sede do histórico cine Cageao. Accedíase a La Sociedad por unha orixinal escaleira de caracol, e nas paredes lucía fermosas pinturas con escenas de “Brancaneves e os 7 ananiños” obra do pintor mindoniense Alonso. En 1962 inaugúrase, pretiño diste,o que sería o seu sucesor, con mais de 600 localidades que, a posteriori, pasou a propiedade dos irmáns Pequenete.
Pero a historia do cine en Foz viuse interrumpida… A irreverente voracidade inmobiliaria engulíu a que era magnífica sala, sen visos de relevo.¿Volverá…?
Xesús Cageao, nacera en Baamonde en 1878. Emigra a Bós Aires e alí traballa no sector de Artes Gráficas. Coñece a Encarnación Padriñán , de ascendencia focega; casa con ela e regresan,á nosa vila, na que instalan a fonda “La Primitiva”. Os agarimosos apelativos de “Papaito” e “Mamaíta” eran os que os netos aplicaban no ámbito familiar que a veciñanza universalizou, e todos os chamabamos dese xeito.
Él foi un comerciante emprendedor, dinámico, optimista, maxinativo, progresista, arriscado, xeneroso e moi traballador. No semanario “Mondoñedo”, que polo 1908 se publicaba naquela cidade, aparecía iste anuncio: “La Primitiva”.” Casa de huéspedes de Jesús Cageao”.¡Grandes comodidades para viajeros!.Alumbrado eléctrico en todas las habitaciones.”La Casa dispone de coche y casetas en la playa para servicio de sus clientes”. Hai mais de cen anos;ando a electricidade acababa de chegar a Foz e apenas circulaban coches polas estradas.Era un adiantado.
A súa desbordante fisonomía; a cadea do reloxio por enriba do chaleque; o ineludibre tabaco á man- era un sibarita e consumado fumador- dábanlle o aspecto de fornecido naviero ou de “rico empresario dun circo monumental”, como alguén o describira.
Primeiro exportador de marisco da Mariña, o seu principal mercado era Asturias, a onde o transportaba, ó principio en veleiro que orixinaba considerables perdas, cando os ventos non eran favorables, e logo nun dos primeiros coches que circularon polas nosas estradas. Cando unha lancha de Foz chegou a porto traendo, por sorpresa, unha tartaruga xigante, mercouna Papaíto para exhibila nas feiras; así o fixo no San Froilán e as San Lucas, levando como voceiro ó vello Montero, de Mondoñedo, o pai do Mago Merlín, que reclamaba a atención das xentes: “¡Lo nunca visto, señoras y señores!”.”¡pasen y contemplen este mostruo marino, llegado de lejanos mares!”.A tartaruga precisaba renovar a auga salgada do seu hábitat. Polas San Lucas era oportuno facelo e Suso, o fillo de Cageao, saíu no coche, cara á beiramar; pero como aquela noite namorara unha brañega no campo da feira; para voltar de contado, cargou no río Masma,en Lourenzá, do líquido elemento e a auga doce rematou coa vida do “monstro mariño”. Él foi, que saibamos, o único ”barraquista” da historia de Foz.As primeiras carolas que chegaron aquí motorizadas deberon a Papaíto semellante favor.
Foi o Dión Boutón quen sufríu a primeira gamberrada dunhas eleccións políticas. O bó do popó, con un cilindro repleto de certo líquido que cheiraba mal, non se resignou a quedar no garaxe e contribuiu eficazmente ó trunfo do seu candidato. (A. Toimil).
O ano 1912 Papaíto establece servicio diario entre Viveiro e Ribadeo cun coche Phanairt Lewasor, francés, de 8 prazas, e nos baixos de Socorros Mútuos, no porto ,instalou unha cetárea, da que en maio de 1944 saíron as 14 langostas para a comida que, no mosteiro de Samos, ofreceran ó xeneralísimo Franco,e que custaran 325 pts, segundo cargo que se pasou ó Goberno Civil de Lugo.. En auga da ría estableceo un criadeiro de ameixas.
Nas décadas 30/40 do pasado século, José Mujica e Jorge Negrete,eran as dúas estrelas da canción mexicana que tras deles arrastraban multitudes.Ás veces , a pedimento do público, o operador,rebobinaba a película e volvían a escoitar as súas cancións.
Anos mais tarde tería aquí o seu local social a Asociación Pena da Rapadoira, de tan grata memoria na historia social e cultural da vila.
Da nosa infancia gardamos memoria da xenerosidade de Papaíto: a pobreza vivida nos anos da posguerra, facía que algúns rapaces non deran conseguida a peseta que custaba a entrada de” galiñeiro”. Por iso que, mentres os espectadores accedían á sala, un grupo de pícaros merodeaban arredor da taquilla, ata que Papaíto asomaba por ela e decía ó porteiro: “Paxariño” (tal era o apodo), ¡que suban os nenos…!” Nengún rapaz quedaba sen ver a película por mor de non ter a peseta…
Cando no ano 1952 finou Papaíto, Alfonso Toimil, sobriño do histórico mestre de Fondós, publicou no xornal unha semblanza del, a quen definiu como institución focense que rematou con estas verbas: “Para ser de todo Cageao fue también empresario de “cuplé”. …De haber asistido a su conducción, me hubiera tomado la libertad de expresarle mi adiós postrero con estas palabras: “ LO QUE HOY DEJAMOS EN ESTE LUGAR SAGRADO ES ALGO MAS QUE LA PERSONA DE CAGEAO. HOY HEMOS SEPULTADO 50 AÑOS DE LA HISTORIA DE FOZ”.