A MARIÑA, 8 de xaneiro de 2018.- O PP de A Mariña aplaude o anuncio do Ministerio de Fomento sobre a licitación das obras de rehabilitación do firme da estrada N-642, no treito Barreiros-San Cibrao, pois “dáse resposta a unha demanda reiterada dos veciños”.
Deste xeito, para os populares esta “é a confirmación clara do compromiso do Goberno coas infraestruturas da Mariña e da vontade por mellorar unha das principais arterias de comunicación da comarca”. Concretamente, por este vial poden circular uns 11.000 vehículos, sendo esta cifra moi superior na época estival e en períodos vacacionais.
“Agradecemos, por tanto, anuncio do Goberno. E facémolo como uns veciños máis que o que desexan e queren é que os distintos Gobernos dean resposta ás necesidades da nosa comarca”. Ao seu xuízo, indican que “é evidente que ese fundamental respaldo só foi posible ante as garantías presupostarias feitas por un Gobernos do Partido Popular”.
“Estamos a falar, ademais, dunha obra cun orzamento moi importante”, subliñan. E é que o importe dos traballos sitúase no preto de 2,3 millóns de euros, e completará a obra executada entre finais de 2015 e principios de 2016, cando foron rehabilitados o resto de treitos desta importante vía de comunicación da Costa de Lugo.