Site icon Crónica3.com A Mariña

O portavoz socialista Chema Linares expresou a súa vontade a presentarse como candidato a ocupar a Secretaría Xeral do PSOE en Foz

presentacion candidaturaFoz 20-1-18. Acompáñano caras novas do partido como Fran Cajoto, nun proxecto conxunto que pretende ser un punto de inflexión do PSOE local.
“Presentamos un programa de unidade, de ilusión, unha alternativa que sirva como conexión de tódalas sensibilidades do partido. Precisamos unha agrupación forte, que traballe de forma estreita para defender a tódolos veciños, nunha etapa como a que estamos de pérdida de dereitos e de dificultades, de catastrazos e dedazos”.
Chema Linares e Fran Cajoto invitan a tódolos que se queiran sumar e aportar o seu talento e capacidades neste novo proxecto socialista: “precisamos a todos, contamos con todos, todo o mundo pode aportar segundo a súa propia experiencia. Agardamos cos brazos abertos a calquera persoa que queira traballar con nosoutros por esta alternativa agora e no futuro: é fundamental que a xente xove, sobradamente preparada, aporte a súa visión e ideas”.

Exit mobile version