Site icon Crónica3.com A Mariña

O Parador de turismo de Ribadeo e Tu & Tu foron os gañadores do concurso de decoración navideña, que organizou a asociación de comerciantes, industriais, servizos e autónomos. Trinta locais participaron no certame

Parador Turismo RibadeoRibadeo, 9 de xaneiro de 2018. Un total de 30 establecementos participaron no concurso de decoración navideña, que organizou Acisa. Os gañadores foron Tu & Tu, na categoría de comercio e o Parador de Turismo de Ribadeo, na de hostalaría.
O xurado estivo formado por Cristina Torviso, Natalia Moledo e Juan Aramburu, que despois de visitar os 22 comercios e os 8 locais hostaleiros que se presentaron ao concurso emitiron o seu veredicto. Os finalistas na categoría de comercio foron Farfala Kids, Jatay, La Floristería e Anais, ademais de Tu & Tu, que foi o gañador. E na categoría de hostalaría os finalistas foron Prohibido, O Indiano e o Parador de Turismo, que resultou elixido como o gañador.
Desde a directiva de Acisa aseguran estar moi contentos “coa dedicación e o mimo que puxeron os participantes neste concurso de decoración de Nadal. Todos eles contribuíron a dar un ambiente máis navideño ás rúas de Ribadeo, molestáronse e dedicaron tempo e diñeiro a decorar os seus establecementos nesta época tan importante do ano para as ventas”.
Os gañadores recibirán como premio unha cea, cada un, por valor de 150 euros, que terán que consumir antes do 31 de xaneiro en calquera dos locais hostaleiros asociados a Acisa.

Exit mobile version