Site icon Crónica3.com A Mariña

O hospital da Costa verá mellorada a súa eficiencia enerxética con iluminación led

Burela, 5 de xaneiro de 2017.- O Hospital da Costa en Burela verá mellorada a súa eficiencia enerxética grazas a remodelación integral do sistema de iluminación interior e a introdución paulatina da nova tecnoloxía de tipo LED

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que o Servizo Galego de Saúde (SERGAS), vén de licitar por importe de máis de 266.000 euros o contrato de subministración e instalación destas novas luminarias interiores, que se distribuirán en máis de 490 puntos do centro hospitalario.

O proxecto inclúe tamén outra serie de medidas como as dirixidas a optimizar o tempo de uso de cada zona, a través de sistemas de regulación e detectores de presenza e movemento e teitos ópticos, previstos en case 350 das distintas estancias hospitalarias, consultas e despachos.

Vantaxes da tecnoloxía LED
Ou uso dos diodos emisores de luz, ou tecnoloxía led, está estendido en moitas das aplicacións cotiás, debido ao seu baixo consumo, fiabilidade e duración e, de feito, son as lámpadas de baixo consumo máis empregadas ata agora.

“En definitiva, a tecnoloxía LED é unha opción sostible, práctica e funcional para lograr un aforro nas súas diferentes aplicacións, pero tamén unha maior durabilidade, así como unha maior calidade da luz emitida”-dixo Balseiro.

O proxecto de renovación das luminarias desenvolverase por fases, comezando pola zona de quirófanos, así como salas de espera e distribuidores. A nova tecnoloxía ademais de ser máis eficiente desde o punto de vista enerxético ofrece unha mellor regulación do fluxo luminoso de acordo ás distintas necesidades de uso.

En corredores, zonas de distribución e salas de espera, instalaranse paneis LED de elevada eficacia e diversidade de tamaños para adaptarse á instalación existente. Esta nova tecnoloxía ofrece máis luminosidade e á vez aforros de entorno ao 50%-65% dependendo da tecnoloxía substituída.

Esta contratación será cofinanciada en un 80% por el programa operativo FEDER GALICIA 2014-2020, que serve de apoio a iniciativas de xestión intelixente da enerxía nas infraestruturas e edificios públicos, entre outros.

Ademais, a futura empresa adxudicataria fornecerá luminarias sen custo adicional que quedará en stock no hospital para poder ser substituídas de forma inmediata para zonas consideradas especiais, polos servizos de mantemento.

A mellora convive coas obras de ampliación do centro
Inaugurado en 1986, a Consellería de Sanidade vén de acometer nas últimas lexislaturas importantes investimentos para renovar as infraestruturas básicas do Hospital da Costa, ademais de incorporar novos servizos e tecnoloxías e, de feito, a mellora do sistema de iluminación convive no tempo coas obras de ampliación e remodelación que están en marcha e que supoñen un investimento que supera, nesta primeira fase, os 12,8 millóns de euros, dun total de 20 millóns de euros

Exit mobile version