Toda a información sobre a resolución das axudas está na seguinte ligazón; http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_17518_1.pdf#page=10
Na Mariña 61 actividades con 62.950 euros
Concretamente na Mariña promovéronse 61 actividades cun investimento de 62.950 euros para actuacións en 15 Concellos, como por exemplo o Festival Folclórico do Emigrante en Barreiros; a celebración da noite de San Xoán en Alfoz; o festival audiovisual da Mariña Imaxina de Burela; a semana cultural de Cervo; as xornadas de Historia Local de Foz; o certame de Mamá Quero Cantar de Mondoñedo; actividades de animación da ANPA do CEIP Juan Rey de Lourenzá; o concurso de redacción Mariña Folgueira de Pastoriza; actuación musical na Fogueira de San Xoán na Pontenova; obradoiro de pandeireta en Ribadeo; traballo de investigación do segadores da Órrea en Riotorto; actuacións teatrais no Vicedo; promoción cultural do casco histórico de Viveiro, e en Xove o Festival Folclórico de San Bartolo, entre outros.
Na Comarca da Terra Chá achegáronse 44.336 euros para 45 actividades
Cun investimento de 44.336 euros realizáronse 45 actividades en 8 Concellos desta zona, como por exemplo a celebración do Día do Libro en Begonte; o Festival da Chaira en Castro de Rei; os xogos tradicionais de XOTRAMU en Cospeito; o Festival de Pardiñas de Guitiriz; a Festa da Malla de Meira; actuación de grupos tradicionais en Pol; o Festival de Bandas de Vilalba, e clases de gaita en Xermade, entre outros.
76 actuacións con 73.650 euros na Comarca de Lugo
O Executivo Provincial promoveu un total de 76 actuacións cun investimento de 73.650 euros en 5 Concellos da Comarca de Lugo. No Concello do Corgo realizouse o certame literario Terras do Chamoso; curso de música tradicional en Friol; en Lugo obradoiros de recreación histórica do Arde Lucus; en Outeiro de Rei celebración do Magosto, asi como actividades culturais da ANPA do Colexio Otero Pedraio de Rábade, entre outras.
18 programacións con 18.000 euros na Comarca de Sarria
O Goberno da Deputación contribuíu ao financiamento de 18 programacións en 6 Concellos da Comarca de Sarria cunha achega de 18.000 euros. No Concello do Páramo promoveuse unha viaxe á Ribeira Sacra; en Samos o programa de difusión cultural do Castro de Formigueiros; actividades extraescolares da APA do CEIP de Triacastela; actividades de animación no Incio; en Láncara celebración do premio Facer Pais, e en Sarria celebración do festival Espantada Rock e Esmoga Fest, entre outras.
En Chantada investíronse 26.500 euros para 26 actividades
Os colectivos da Comarca da Chantada recibiron 26.500 euros para realizar un total de 26 actividades en 5 Concellos. En Carballedo promoveuse a Ruta do Penedo do Mouro; en Antas de Ulla a celebración do Magosto e a promoción do grupo Zoelas; en Chantada o Folión dos Carros e a mostra de teatro Maruxa Villanueva; en Monterroso o encontro gaiteiro, e en Palas de Rei a Revista Cairón e o Fiandón, entre outras.
33 actividades na Comarca de Lemos con 31.900 euros
7 concellos da Comarca de Lemos realizaron 33 actividades cun investimento de 31.900 euros. En Bóveda realizáronse viaxes culturais; en Monforte de Lemos concertos de Corais; na Pobra do Brollón a Festa do Oso de Salcedo; en Quiroga curso de cata de viños do Mundo; en Ribas de Sil viaxe ás Illas Cíes; no Saviñao o Festival da Musica na Rúa, e no Concello de Sober a edición da revista O Mirador, entre outros.
29.270 euros na Montaña para a realización de 19 actividades
A Comarca da Montaña de Lugo realizou 33 actividades cun investimento de 20.270 euros repartidos en 9 Concellos. En Baralla realizouse un curso de herbas tradicionais galegas; en Becerreá un curso de técnicas de relaxación; en Baleira promoveuse os caros de Taberna; Cervantes recuperación de bailes, música e actividades tradicionais; na Fonsagrada a Festa do Acordeón; en Negueira de Muñiz a xornada da castaña e o magosto; no Concello das Nogais baile tradicional; en Pedrafita do Cebreiro informática para nenos, e en Ribeira de Piquín un curso de cociña, entre outros.