Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Mondoñedo publica o fallo do xurado do I concurso de adornos de Nadal ‘Engalanemos as rúas da Paula’

MuiñosMondoñedo, 05 de xaneiro de 2018.- O Concello de Mondoñedo publica o fallo do xurado do I concurso de adornos de Nadal ‘Engalanemos as rúas da Paula’, a través do que o Goberno local invitou a todos os veciños a adornar o exterior das súas vivendas ou zonas públicas durante este Nadal.

O edil de Educación, Alberto García, agradeceu a boa acollida que tivo a primeira edición desta iniciativa a través da que se promoveu a participación activa dos veciños para “entre todos acadar no noso casco histórico e en todo o municipio un conxunto propio das datas do Nadal”.

Premios
O concurso reparte dous premios na modalidade individual, un primeiro de 60 euros e un segundo de 40 euros; ao igual que na modalidade colectiva, na que os gañadores reciben tamén 60 e 40 euros, respectivamente. Ademais, fallouse un premio especial, o coñecido como ‘Mellor árbore de Nadal’ para a zona rural, cuxo gañador leva 50 euros.

Así, o Concello deu a coñecer esta mañá os gañadores desta primeira edición do concurso de adornos de Nadal. Na categoría individual , Nélida Fernández Seivane (Rúa Frai Antonio de Guevara 18) obtivo o primeiro premio, mentres que o segundo foi para Beatriz Olaizola (Rúa Casas Novas, 6). O barrio de Os Muíños e o IES San Rosendo acadaron o primeiro e segundo premio, respectivamente, na categoría colectiva. Por último, Margarita Ledo Chao de Cesuras é a gañadora do premio correspondente á Mellor Árbore de Nadal do Rural.

O xurado que elixiu os gañadores estivo composto por un representante da Oficina Municipal de Rehabilitación do Casco Antigo, outro da Oficina Municipal de Turismo, así como un membro da Mancomunidade de Turismo e outro da Xunta de Galicia; ao igual que tamén o integrou o participante dunha asociación elixido por sorteo.

Entre os aspectos a valorar polo xurado atopáronse as composicións e deseños acordes co Nadal e respectuosas co entorno; a iluminación variada e tamén respectuosa co entorno; a orixinalidade e a introdución de elementos tradicionais do Nadal. Ademais, recomendábase a colocación de guirnaldas con tonalidades verdes, vermellas, con dourados e prateados e a zona elixida polos participantes para ser decorada tiña que ser visible dende a vía pública para poder valorarse.

Exit mobile version