Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo organiza unha nova edición do campionato de tute e parchís con motivo do día internacional da muller

220118 campionato tute e parchís 2017Cervo, 22 de xaneiro de 2018.- O Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, organiza un ano máis o campionato de tute e parchís con motivo do Día Internacional da Muller.
Tal e como apuntou Armada, o prazo para anotarse xa está aberto; e “aquelas mulleres interesadas en participar poden inscribirse ata o vindeiro mércores, 31 de xaneiro, na Casa da Cultura de San Ciprián ou chamando ao número de teléfono 982.59.51.57”.
As competicións comezarán o 5 de febreiro na cafetería da Casa do Mar e prolongararse durante todo ese mes.
Os trofeos, que serán de cerámica de Sargadelos, entregaranse na cea do Día da Muller, o 10 de marzo.
As diferentes Asociacións de Mulleres de San Ciprián reuniranse en datas próximas para definir o programa completo para conmemorar ese día.

Exit mobile version