Dezanove foron os establecementos comerciais que participaron no concurso de escaparates e doce no das árbores de Nadal. En total os certames conseguiron máis de 2.000 me gustas en facebook e foron compartidos 60 veces. Ambos locais recibirán un diploma e un detalle do Centro Comercial Aberto de Foz.
Nuns días as árbores de Nadal serán replantadas na localidade por parte da Concellería de Medio Ambiente de Foz.
Desde a directiva agradecen “a presentación dos escaparates e árbores aos concursos que organizamos este Nadal así como o traballo e o esforzo realizado polos nosos asociados e asociadas para engalanar os seus locais e así animar as compras durante esas datas”.