San Cibrao, 22 de Xaneiro de 2018. O mestre de Artes Marciais Orientais, Miguel A. Rojo, cumpliu 40 anos practicando Artes Marciais e para celebralo reuniu na mañá do Domingo aos alumnos que ten na Mariña Lucense para practicar TaiChi, concretamente desplazáronse a San Ciprián. A clase comezou temprano cunha explicación teórica sobre os preceptos nos que se fundamenta o TaiChi e os 5 elementos nos que se divide para despóis practicar seguindo as dez normas báscias polas que se deberían rexir tódolos movementos de este Arte Marcial chino. A práctica, sinxela a vista de quen descoñece o TaiChi, amosou aos participantes a complexidade dos movementos e a intensidade coa que se deben realizar os mesmos. Para Miguel Ángel que dende os 5 anos leva practicando distintas Artes Marciais, esta foi unha práctica especial, durante estes 40 anos leva vivido moitas emocións e neste día quixo recordarlles aos seus alumnos a importancia da constancia cunhas palabras que dice a menudo “que a inspiración nos atope traballando” así como agradecer a importancia de cada un dos participantes “grazas por compartir este día conmigo”, xa que neste longo camiño que leva recorrido tan importante é quen o recorre coma os que vai atopando nel.
Miguel A. Rojo cumpre 4 décadas practicando Artes Marciais