Site icon Crónica3.com A Mariña

Medio Rural achegou preto de 368.000 euros para apoiar as iniciativas de ampliación e modernización de sete pequenas empresas non agrícolas emprazadas no rural da Mariña lucense

Lugo, 23 de xaneiro de 2018.- A Consellería do Medio Rural achegou preto de 368.000 euros para apoiar as iniciativas de ampliación e modernización de sete pequenas empresas da Mariña lucense, emprazadas no rural e que desenvolven actividades non agrícolas.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a axuda autonómica permitiu ás empresas beneficiarias mobilizar un investimento total que supera os 815.000 de euros e, de feito, a axuda é do 45% dos gastos subvencionables.

Entre as empresas beneficiarias atopamos sete emprazadas na Mariña lucense, en particular, nos concellos de Barreiros, Burela, Mondoñedo e O Valadouro.

Entre os 16 proxectos subvencionados atopamos actividades de moi diversos tipo, industriais, comerciais e de investimento en nova maquinaria e tecnoloxía. O obxectivo final é apoiar a ampliación e modernización de pequenas empresas mediante a adquisición de equipamentos produtivos destinados a actividades non agrícolas, co fin de reforzar o tecido produtivo empresarial no territorio rural galego.

Estes apoios, contribúen á diversificación económica do medio rural, permiten xerar novas oportunidades de emprego e crecemento, así como contribúen ao equilibrio territorial, tanto en termos económicos como sociais.

Se algo precisa a nosa provincia son máis empresas e emprendedores que elixan vivir e traballar no medio rural e, convencidos disto, o Goberno galego publica axudas periódicas con este fin.

Exit mobile version