Viveiro 7 de Xaneiro 2018. A Asociación Tá en artes quere comunicar que o 2018 será un ano adicado a un artista mariñán, comezando un proxecto onde se intenta dar visualidade ós creadores plásticos da Mariña lucense. “2018 será o ano de Juan Puchades Quilis, e o redor da súa figura celebraremos catro exposicións, dous delas adicadas ó artista: Unha no seu Mondoñedo natal o 24 de Marzo onde os seus exalumnos e exalumnas que continuaron a senda do maestro rendenlle unha homenaxe plástica na antiga casa cuartel, hoxe centro comarcal. Outra que se celebrará no Museo Provincial a finais de ano, sendo ista unha antolóxica do artista. As outras dúas exposicións contarán dentro da tradicional Semana das Artes Plásticas no CENIMA de Foz, ca participación dos e das artistas da Mariña dentro do que chamamos Escaparate da Arte da Mariña 2018, e que celebraremos a partires do 28 de Marzo. Así mesmo os centros escolares realizaran unha exposición conxunta onde os e as alumnas mostrarán as reflexións plásticas a
partires da figura do mestre. Esta exposición terá como espazo a Antiga casa de Administración de Sargadelos a partires do 1 de Xuño deste ano. Nesta exposición entregarese o primeiro premio Juan Puchades Quilis para centros escolares da Mariña. Todas as actividades están patrocinadas por a Deputación Provincial de Lugo, A Xuta de Galicia, A Mancomunidade de municipios da Mariña, Concellos de Mondoñedo, Foz e Cervo, así coma o IES San Rosendo de
Mondoñedo.
Cerca de 7.400 escolares e 2000 profesores dos 30 centros da Mariña , xunto a máis de 150 artistas, están convocados neste 2018 para coñecer e homenaxear a figura de Juan Puchades Quilis.
Tá en artes convida á cidadanía ,artistas… da Mariña a participar en cada un destes actos para compartir a capacidade creativa da comarca, como un selo máis de identidade da Mariña lucense.