A marca galega Galipizza, que participaba representada por Marga Galdo co seu “Bocadillo de Autor de langostinos ao allo con panceta ibérica, allos tenros e ovo roto”, levou o segundo premio do Xurado, composto por figuras e expertos da gastronomía nacional, que valorou a peza individual, o maridaxe con outros ingredientes e tamén a presentación de cada unha das seis recetas finalistas deste certame dirixido aos profesionais do mundo da hostalaría e da restauración.
O primeiro premio foi para Carlos Peguero, co seu “Bocata de Sardinas by Lizarran” e tamén foi premiado co terceiro posto José Cortés co seu “Un bocado de Oriente”.
O bocadillo de autor co que concursaba Galipizza xa se puido degustar durante os tradicionais ‘Xoves de Tapeo’ que a marca organiza cada semana nos seus locais de Viveiro, Ribadeo, Culleredo, Santiago, Vigo e Oviedo. Esta peza presentouse no mes de outubro como tapa en ‘As Tixolas’ (Covas, Viveiro) e tal foi o seu éxito que a empresa xa tiña decidido, antes deste premio, incorporalo á súa carta habitual.
O bocata está elaborado no denominado pan de cristal ou cristalina da marca Fripan, un pan premium elaborado con ingredientes naturais, masa madre e aceite de oliva que lle proporcionan unha corteza crucante, sabor intenso e unha miga branca e moi alveolada; o que o convirte no pan ideal para elaborar bocadillos con moita personalidade.
Os seguidores de Galipizza nas redes sociais xa se interesaron nos últimos días por este novo bocadillo, preguntando desde cando poderá degustarse nos seus locais e se, como o resto de productos da súa carta, se poderá pedir a domicilio. A idea da empersa é incorporalo na próxima renovación da carta, que terá lugar entre os meses de febreiro e marzo.