O pasado 19 de xaneiro celebrouse o segundo sorteo desta nova edición do Campañazo do CCA focense. Na Bar Acuario tivo lugar a entrega de agasallos aos afortunados. Pilar Dimatz foi a gañadora dos 300 euros en vales de compra. E outras seis persoas se repartiron os outros 300 euros do Campañazo do Centro Comercial Aberto de Foz. Encargáronse de facer entrega dos premios Olaya Pedrosa, a secretaria de Acia/CCA de Foz e Ramón, o propietario do Bar Acuario.