Site icon Crónica3.com A Mariña

Ecopilas recalou este luns en Barreiros. Trátase dunha campaña de concienciación e recollida de residuos de pilas, baterías e acumuladores. Para iso instalouse unha carpa na praza do Concello, que entre as 11 e as 13:30 horas recolleu 200 quilos de pilas

220118 Foto recollida pilas BarreirosO concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente sinalou que “o máis importante desta campaña é que os veciños se conciencien de non tirar as pilas á basura nin ao chan. Hai numerosos establecementos en Barreiros que teñen contedores para depositar as pilas, como por exemplo o propio Concello, os supernercados, tendas de electrodomesticos, colexios, etc. E Ecopilas facilitoulles un teléfono a eses locais para que chamen para a súa recollida”. O Concello de Barreiros colaborou para a organización desta actividade coa Fundación Ecopilas. Pola carpa pasaron esta mañá o alcalde, Alfonso Fuente, e concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente.

Exit mobile version