Burela, 22 de xaneiro de 2018. O Programa de Inmigrantes da Concellería de Inmigración e Cooperación organiza un cursiño para axudar a preparar a proba de coñecementos constitucionais e socioculturais de España de cara á adquisición de nacionalidade española. A acción está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta e polo Fondo Social Europeo.
A edil Angélica Gómez explica que “a temática deste curso será coñecer o Goberno, a lexislación e a participación cidadá, a organización territorial de España, a xeografía física e política, a cultura e a historia de España e a sociedade española”.
O curso terá unha duración de 50 euros e será impartido do 5 ao 28 do vindeiro mes de febreiro en dependencias do Concello de Burela.
Aquelas persoas que precisen máis información poden dirixirse á Casa do Concello ou chamar ao seguinte número de teléfono 982 58 60 00.