A Mariña 6-1-18. Dende CxG A Mariña vimos a denunciar publicamente un feito que cando menos é un insulto para a poboación da Comarca. Recentemente tanto PP coma PSOE veñen de facer unha especie de competición pública sobre que inviste máis na Mariña, una vergoña.
Asistiamos a sendos titulares na prensa sobre a cantidade de inversión de dúas Administracións: Xunta e Deputación, a coincidencia é incluso cómica, 11 millóns de euros, nunha sorte de anuncios que ben podan ser dos premios da lotaría, é case singular que se puxeran da-cordo.
Compre aclarar ós veciños da Mariña que nin PP nin PSOE dan nada, as administracións son da xente non dos partidos, ese tic é moi preocupante en PP e PSOE, pensan que o mandato de administrar dálles dereito de propiedade sobre o que tería que ser unha xestión pública sen colores.
É ridícula esta venda de favores no ano preelectoral, cando a Mariña ven sendo totalmente esquecida e mal tratada por estas dúas administracións e o estado. Compre lembrar que as infraestruturas na nosa Comarca tardan unha media de 7 anos en ser rematadas.
O máis preocupante é que un análise polo miúdo, demostra que estas inversións, en moitos casos pagos plurianuais, non xeran novas sinerxías que fomenten o crecemento da nosa comarca, non desenvolven ningún plan estratéxico a longo prazo nin son inversións que xeren emprego.
Dende CxG demándamos traballo serio, demándamos menos esmola e menos venda de favores. Compre outro tipo de política real e cércana e menos continuísmo. A Mariña é pobre en comunicacións, non está relacionada a costa co interior, non ten nin un só viveiro de empresas, non apoia os investimentos, moitas empresas referentes da Mariña que pecharon coa crise non voltaron á actividade, queda moito para vertebrar e potenciar os nosos recursos e está sorte de anuncios de 11 millóns non solucionan nada, soamentes o ego de cada formación política.
Menos frivolidade e máis traballo real señores e señoras do PP e do PSOE que de esta volta volven a coincidir.