A previsión de mal tempo afortunadamente non se cumpleu, e a Cabalgata puido facer normalmente o seu percorrido. Os Reis primeiramente fixeron unha parada, como xa ven sendo tradicional cada ano, na Residencia da 3ª Idade San Bartolomé de Xove, para despois dirixirse á Nave-Almacén do Concello, lugar onde deu comezo a Cabalgata. Posteriormente os Reis, acompañados dun montón de nenos, baixo a mirada atenta dos pais, foron ata o Pavillón, onde seguiron repartindo caramelos e sacándose fotos cos rapaces. Despois os Reis marcharon e tódolos nenos participaron nunha festa infantil que foi amenizada pola Disco móbil Decibelios.