Site icon Crónica3.com A Mariña

“AS DE VILLADIEGO”

Teodosio Vesteiro Torres foi un escritor do S.XIX pouco coñecido, acaso porque a súa vida foi moi efímera: finou tráxicamente ós 28 anos de idade. De ascendenza luguesa, nacera en Vigo en 1848. Con só 12 anos ingresa no seminario onde os éxitos académicos non se fan esperar e aínda estudante chega a rexentar unha cátedra de Humanidades.
En 1871 abandona o seminario e trasládase a Madrid;traballa como profesor de música e colabora en distintas revistas. Funda a “Gaceta Literaria” que reuniría ós intelectuais galegos, residentes na capital,entre eles Añón e Curros Enriquez, creada “para contribuir á prosperidade de Galicia”. Autor de “Galería de Galegos Ilustres”, en varios tomos, e “Recuerdos de Galicia”: nun destes da a súa versión sobre a orixe de “tomar as de Villadiego”: polo S. XVI vivía en Ribadeo D.Diego de Villalpando, deudo dos condes daquela vila que, por cuestión de amoríos, viuse envolto nun duelo que resolveo atravesando coa espada o corazón do contrincante. Por temor á xustiza fuxíu de Ribadeo e non parou deica as proximidades Burgos. Alí, para ocultar a súa personalidade, trocou o apelido, pasando a chamarse don Diego de Villadiego. O duelo transcendeo e houbo en Ribadeo interrogatorios sobre as andanzas do criminal, e o xuiz víuse obrigado a requerir “qué veredas tomaría don Diego”: “Las de Villadiego” contestaron.O maxistrado despachou exhortos á vila de Villadiego en requisa de Diego de Villalpando, respondendo os daquéla que alí non había mais Diego que o de Villadiego, e tiñan razón.
E así prevaleceo tal dito para definir unha fuga venturosa co correspondente burlete ó decir: “tomou as de Villadiego”.
Vesteiro foi unha alma atormentada e o fracaso de “Galicia Literaria” e a influencia do espíritu romántico da época, propiciaron que o 3 de febreiro de 1837 rematara coa súa vida con un tiro na sien, no paseo do Prado de Madrid,ó xeito que uns anos antes o fixera o romántico Mariano José de Larra, en cuxo enterro dérase a coñecer outro poeta romántico, José Zorrilla, cuns versos que comenzan: “ Ese rumor que rasga el viento/ es la voz funeral de una campana: vano remedo de un cadáver/ mohíno y macilento/ que en sucio polvo dormirá mañana…”.

Exit mobile version