Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2018.- A Xunta de Galicia investiu en dúas parcelarias da provincia de Lugo preto de 600.000 euros para avanzar no seu proceso de reorganización. En concreto, ao concello de Abadín achegáronse preto de 5.000 euros para avanzar na concentración de Fanoi, así logrouse xa a fase de acordo. Máis importante foi o investimento feito en Santo Estevo de Pol, que chegou a superar os 574.000 euros para acadar a fase de bases definitivas en firme.
Precisamente Lugo é unha das provincias onde as reestruturacións do territorio están máis avanzadas. A inmensa maioría dos procesos están xa en fase de acordo e de aí que requira menos desembolso económico.
Deste xeito, a Xunta de Galicia avanza no seu obxectivo de rematar administrativamente durante este mandato as reestruturacións parcelarias abertas ata o momento. Actualmente, dende o departamento que dirixe Ángeles Vázquez, trabállase para definir as actuacións que se levarán a cabo o próximo ano. De feito, estanse mantendo encontros técnicos entre os responsables da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e os responsables territoriais para concretar estes investimentos.