Site icon Crónica3.com A Mariña

A viñoteca fumarel, de Ribadeo inaugurou os xoves de tapeo que ofrecerá todas as semanas ata o 28 de xuño

120118 PRIMER JUEVES DE TAPEO EN VINOTECA FUMAREL (1)Ribadeo, 12 de xaneiro de 2018. A viñoteca ultramarinos Fumarel, de Ribadeo, inaugurou os seus xoves de tapeo, que ofrecerá todas as semanas ata o 28 de xuño. Cada día terán cando menos tres tapas o mini racións para elexir a un prezo de 2 euros cada unha. Concretamente este xoves houbo catro variedades: tortilla campesina, carrilleiras de porco ibérico con patacas, tosta de anchoas e boqueróns así como ovo fretido con setas e xamón.
O propietario do Fumarel, Gervasio Cao, explicou que “despois destes dous anos e medio de experiencia do Fumarel comprobamos que o chateo nesta casa é algo que está moi de moda; creo que nos estamos convertendo nun local moito de quedada. Entón analizado este escenario e como habitualmente ofrecemos dúas ou tres tapas de cociña, que é algo moi valorado polos clientes, decidimos dar un paso máis e os xoves ofrecer un premio en forma de tapas, que realmente son case mini racións, por un módico prezo de 2 euros. Cada xoves teremos tres alternativas como mínimo para premiar a esa ampla clientela de tapeo que temos todos os días e sobre todo os fins semana”.

Exit mobile version