Site icon Crónica3.com A Mariña

A Praza do Conde Santo acolle este martes, unha campaña de concienciación e recollida de pilas, baterías e acumuladores

Lourenzá, 8 de xaneiro de 2018. A praza do Conde Santo acollerá mañá, martes, unha campaña informativa de concienciación e recollida de pilas, baterías e acumuladores. Para levar a cabo esta actividade, que se desenvolverá de 11:00 a 13:30 horas, a fundación Ecopilas instalará unha carpa na praza do Conde Santo.
Esta acción que se levará a cabo mañá en Vilanova de Lourenzá forma parte dunha iniciativa denominada Lugo Recopila, que é unha campaña de concienciación e recollida de residuos de pilas, baterías e acumuladores que percorrerá durante os próximos tres meses varios concellos da provincia. O obxectivo é informar aos veciños da importancia de depositar as pilas domésticas usadas en colectores habilitados para elo e garantir así o seu reciclaxe, a protección do medio ambiente e a máxima recuperación de materias primas para a súa reutilización, segundo explican os promotores da actividade.
A campaña conta cunha carpa itinerante na que un equipo de monitores medioambientais informará e concienciará á poboación sobre a importancia de contribuír á reciclaxe de pilas e achegará os puntos de recollida destes residuos.

Exit mobile version