Site icon Crónica3.com A Mariña

A campaña Merca e Gaña polo Nadal da Deputación deixa 1,6 millóns de euros no comercio da provincia

DSC_0015Lugo, 12 de xaneiro de 2018. O Presidente, Darío Campos Conde, informou este venres que a campaña Merca e Gaña polo Nadal, que puxo en marcha a Deputación coa colaboración da Federación de Comercio de Lugo, e tamén do Concello de Lugo no caso da capital, deixou uns beneficios superiores aos 1,6 millóns de euros no comercio local da provincia.

Campos Conde avanzou esta información no sorteo dos premios desta campaña, no que participaron as 27.000 persoas que realizaron outras tantas compras nos establecementos lucenses por un valor total de dita cantidade (1,6 millóns).

Fixérono a través do seus tíckets (que foron 27.000), que formaron parte da base de datos da que resultaron os 40 gañadores dos premios dun total de 10.000 euros: son 20 tarxetas regalo de 300 euros e outras 20 de 200 euros. Estes premios son para reinvestir no comercio local.

O sorteo do que resultaron os gañadores e no que se coñeceu os beneficios económicos da campaña Merca e Gaña polo Nadal tivo lugar hoxe en San Marcos ante a presenza dun notario. Tamén asistiron Campos Conde, o Presidente da Federación de Comercio de Lugo, José María Seijas López; a Concelleira de Economía, Ana Prieto Nieto; o representante de ABANCA, Óscar Salgado Seijas.

Merca e Gaña polo Nadal consistiu nunha campaña de sensibilización e visibilización cidadá que promoveu as compras nos máis de 5.500 establecementos de toda a provincia. A iniciativa desenvolveuse dende o 6 de decembro ao 6 de xaneiro.
As persoas que mercaron en calquera dos establecementos da provincia puideron participar no sorteo de 10.000 euros en premios (20 tarxetas regalo de 300 euros e outras 20 de 200 euros). Para elo, debían fotografar o tícket da compra e rexistrala en www.nadalmercaegana.com ou solicitar o seu rexistro ao comerciante.

Os nomes dos 40 premiados publicaranse en www.nadalmercaegana.com, así como nas redes sociais da Deputación, Concello de Lugo e Federación de Comercio, unha vez realizadas todas as comprobacións oportunas.

O vindeiro 26 de xaneiro terá lugar no Vello Cárcere de Lugo a entrega de premios aos agraciados que deberán reinvestir eses premios nos propios establecementos.

Exit mobile version