Tanto Cristina, coma Miguel e Marcos, recoñecen o esforzo que supón comezar unha actividade nova, pero ámbolos tres destacan o caracter positivo que a propia actividade trae consigo. Mª José Novoa Rodríguez, directora do centro destacou “Asisten usuarios tanto da unidade residencial de Cervo coma usuarios do centro de rehabilitación psicosocial e laboral de Burela”, Miguel A. Rojo, que pronto cumplirá 40 anos de práctica de Artes Marciais, destaca dende a súa experiencia ao longo dos anos “É innegable a mellora que o Taiji Quan produce nas persoas, vexoo tódolos días” e finalmente Marcos G. Villares quere aproveitar a ocasión para anunciar o seu compromiso coa iniciativa “O mellor que podemos facer as distintas asociacións e institucións é colaborar entre nós. Todo o que poidamos facer por mellorar a vida dos que temos ao carón, farémolo” tamén, e neste eido, aproveitou a ocasión para anunciar que está a traballar para traer novas actividades ao longo do ano e que planteará na Asociación de Veciños Cruz da Venta de San Ciprián, a cal preside dende o ano pasado. Unha delas incluirá o TaiJi Quan “Ésta é unha actividade que non ten límite de idade, dende os 5 anos ata a idade que nós mesmos desexemos podemos fortalecer a nosa vitalidade e a nosa saúde, de forma sinxela e divertíndonos”