O Concello editou un novo calendario no que se recollen lugares significativos de Xove. A base do calendario son fotografías que recorren todo o término municipal: costa, interior, monte… Para a elaboración do contouse cunha serie de fotografías realizadas por fotógrafos de Xove e de fóra de Xove. A presentación deste calendario realizouse coa presenza do alcalde Demetrio Salgueiro, a concelleira de cultura Dolores Meitín e a encargada da elaboración do mesmo, Lucía Sánchez. Como ven sendo tradicional, o Concello realiza unha distribución do mesmo polas casas de tódolos veciños.
Presentación do calendario do Concello de Xove
Presentación do calendario do Concello de Xove
Relacionado
-
A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo fixo este mércores entrega de diplomas para os participantes que asistiron ao curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo, patrocinado pola Deputación, que nesta edición tivo lugar na Casa da Cultura de Vilalba
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes as instalacións do Roq Park, en Viveiro, que acolleron nas últimas semanas as xornadas de promoción de carreiras de orientación no marco do programa de deporte escolar “Xogade” da Xunta de Galicia
-
Discosta Norte organizou o 2º Campionato de coctelería da Mariña e as Xornadas da hostalería