Os porteiros do Pescados Rubén Burela FS compartiron a súa experiencia baixo os paus co alumnado de segundo curso do ciclo de Actividades Físicas e Deportivas como complemento ao coñecemento do fútbol sala dentro da materia de Deportes de Equipo. Álex e Jozi centraron a súa sesión na importancia de crear unha base técnica dende idades temperás e de cómo encamiñar a aprendizaxe.