Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Popular acada o compromiso do Goberno do PSOE para cumprir cos acordos adoptados en Pleno da Deputación

Lugo, 21 de decembro de 2017.- O Grupo Provincial do Partido Popular, tal e como explicou o voceiro Carlos Armesto, pediu hoxe en Pleno que “os acordos que foron adoptados democraticamente se cumpran e non poden estar sen ningún tipo de notificación a finais de ano”. Para o popular é “cuestión de democracia, de respectar esta institución e de respectar ás maiorías” e engadiu que “rematemos o ano pensando que os acordos son para cumprir e se algo se aproba cremos que é bo para todos e non temos motivos para mirar para outro lado pese a que ao señor Santos lle custe levalos a cabo”. A iniciativa aprobouse por unanimidade cos votos a favor do BNG e do PSOE.

Armesto lembra que se pediu a creación dunha comisión de seguimento e control dos acordos aprobados polo Pleno, aprobada por unanimidade, e máis dun ano despois non se creou pese a “que ten custo cero e responde a unha vontade do Goberno”. Neste senso, precisou que “os representantes haberá que nomealos dende que se cre a comisión. Nós temos moi claro quen será o noso representante, pero primeiro ten que existir dita comisión”.

“Nós esta moción consensuámola e cremos que é o momento ao final de ano de facer reconto de ver en que situación está esta provincia, xa que o que vimos é facer un control de Goberno”, explicou o popular, quen preguntou a Álvaro Santos, por exemplo, sobre onde está a Ordenanza para eximir aos consellos de custos gravosos, ou a liña de axudas en réxime de concorrencia competitiva destinas ás escolas de música da provincia de Lugo dependentes dos concellos ou de colectivos sen ánimo de lucro. Ademais, engadiu que “levamos dous anos desta lexislatura cunhas piscinas terminadas que non se poñen en marcha, mesmo se lle necesitan cambiar pezas antes de chegar a abrirse”.

Polo tanto, “rematamos o ano e mandámoslle unha mensaxe aos veciños da provincia, que moitos deles se poden ver afectados por una moción, é que vexan que ata agora fixeron caso omiso en moitos dos acordos”. “Cumpran co seu deber, póñanse a traballar e déanlle unha solución a esta provincia”, remarcou Armesto, quen lle lembrou a Santos que a normativa establece claramente o que implica non cumprir cos acordos plenarios.

Desmantelamento do servizo de correos na provincia de Lugo

O voceiro do Grupo Popular, José Antonio García, puxo de manifesto no transcurso da defensa da iniciativa do PSOE sobre o desmantelamento do servizo de correos na provincia de Lugo que “sorprende o largo que se lle fai o ano o PSOE nesta institución. Chegamos ao último Pleno do ano e no lugar de plantexar algunha iniciativa importante ou incluso unha bandeira para este Goberno, lonxe disto trae de novo unha moción apoiada por dúas veces por esta institución. Parece que cando se fai a orde do día, como non ten ideas, tira das presentadas e as reitera”.

José Antonio García precisou que “non seremos nós quen reste a importancia que ten o servizo de Correos, nunha poboación rural e envellecida pero non é menos certo que o servizo postal e de correos foi mudando. Hai que actualizar unha empresa pública aos servizos actuais. Falamos dunha institución que consume diñeiro público e é lóxico que se pida eficiencia e se adapte ás propias condicións”.

O popular asegurou que “para nós é un servizo importante, iso non se pon en dúbida, por iso nos imos abster ante unha iniciativa repetitiva e desenfocada e agardamos que o PSOE colabore cos orzamentos do Estado e que en positivo saquen un acordo”.

Moción para garantir a asistencia solidaria do hospital veterinario ROFCodina ás entidades protectoras do país

O deputado popular, José Ulla, amosou o acordo do Grupo Popular de deixar sobre a mesa a moción relativa a garantir a asistencia solidaria do hospital veterinario ROFCodina ás entidades protectoras; a espera dunha reunión. Deste xeito, Ulla precisa que se corrixe o erro e irresponsabilidade política do BNG, que supón traer esta moción: “o intento de politizar unha institución que actúe de forma modélica como son a facultade de veterinaria, o hospital veterinario e a a fundación Rofcodina”.

Exit mobile version