O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explica que “o venres 22 ás 18:00 horas chegará Papá Noel á carpa instalada polo Concello na praza Conde Santo, de Lourenzá. Previamente visitará o Punto de Atención á Infancia (PAI) e o centro de día para maiores. A parte musical correrá a cargo da Asociación Cultural Osorio Gutiérrez”. Arango engadiu que “o sábado 23 a partir das 20:00 horas terá lugar na igrexa de Vilanova o Concerto de Nadal a cargo da agrupación Amor Fino. Este grupo é unha confraternidade de músicos profesionais formados academicamente nos mellores conservatorios de Rusia, unidos polo amor á música e á xente. No seu repertorio aparecen obras de clásicos como Häendel, Chopin ou Schubert e pezas populares como Noite de Paz ou a Salve Rocieira. A entrada é gratuíta”.