Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo entregou a cada un dos centros educativos do municipio unha axuda de 1.250 euros

Axudas centros educativosCervo 22-12-17. Trátase dunha contribución para os gastos de funcionamento e para o impulso das actividades que promoven ao longo do curso
Villares xa anunciou que estas partidas serán recollidas de novo nos orzamentos de 2018 “porque para nós a educación é un piar fundamental e sabemos que é unha axuda importante para o traballo que se desenvolve no seo educativo”
Esta contribución aos Centros Educativos vén sumarse ás axudas que se entregaron en días pasados ás Anpas, ás de material escolar e libros dirixida aos alumnos de infantil -un tramo educativo que non contaba con ningunha outra axuda pública-; ou ás do transporte que dispoñemos ano tras ano”
A edil de Educación, Dolores García Caramés, entregou os cheques ao director do IES Marqués de Sargadelos, Xosé Manuel Rubal; ao do CEIP de Cervo, Manuel Martínez; e ao profesor do CEIP Cervo Nº1, Rafael Blas.

Exit mobile version