Un dos obxectivos dos organizadores é superar os 350 participantes que ateigaran, na primeira edición, o Campo da Cabana de Foz. Deste xeito, as inscrición seguen abertas e os corredores interesados poden anotarse na web www.prueba-t.es ata o día 22 de decembro.
A programación da carreira, que inclúe a actuación do grupo de batukada “Batería da Unidade e unha chocolatada final, é a seguinte:
-Recollida de dorsais, o propio día 24 de decembro de 15h a 16h30, na praza Rosalía de Castro.
-Ás 16h30 correrá a categoría PÍCAROS unha distancia de 150 metros.
-Ás 16h35 correrá a categoría BENXAMÍN unha distancia de 300 metros.
-Ás 16h40 correrá a categoría ALEVÍN unha distancia de 900 metros.
-Ás 16h50 correrá a categoría INFANTIL e CADETE unha distancia de 1500 metros.
-Ás 17h correrá a categoría ABSOLUTA unha distancia de 5000 metros.
Ademais, desde a organización da “II RUN FOZ RUN NADAL”, queren agradecer a todas as entidades colaboradoras a súa axuda para que unha proba deportiva coma esta se converta nunha referencia obrigada do Nadal focego e mariñao.