Site icon Crónica3.com A Mariña

Mondoñedo oferta Infantipark, con ata dez tipos de atraccións inchables infantís, no pavillón municipal

cartelMondoñedo, 21 de decembro de 2017.- Mondoñedo ofrecerá aos nenos durante este Nadal varias xornadas de actividades con ata dez tipos de colchonetas diferentes no pavillón municipal.

O Infantipark estará dispoñible dende o martes 26 pola tarde ata o 30 de decembro en horario de mañá de 11:00 a 14:00 horas, por un prezo de catro euros; e de tarde de 16:30 a 20:30 horas por un custo de cinco euros.

O edil de Educación, Alberto García, explica que o Infantipark dispón de monitores que se encargan do coidado dos nenos mentres os pais poden permanecer nas gradas do pavillón municipal ou incluso aproveitar os descontos que ofrece a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Mondoñedo en establecementos asociados.

O Goberno municipal engade que os pais que presenten o resgardo de adquirir a entrada do Infantipark terán ata un 10% de desconto en ata trinta establecementos locais. No resgardo figurarán o nome dos negocios que se adhiren a esta iniciativa e que abarcan distintos sectores dende hostalería, supermercados ou outro tipo de tendas.

Por último, Alberto García pon en valor a oferta deste tipo de iniciativas para os nenos, neste caso maiores de tres anos, para que poidan desfrutar de actividades diferentes durante estas datas de Nadal

Exit mobile version