Burela, 22 de decembro de 2017.- Manuel Rouco López será o novo presidente da xestora do Partido Popular de Burela e, polo tanto, a persoa encargada de tomar o relevo desta agrupación política en substitución de Jose María González Barcia.
Manuel Rouco, veciño de Burela, naceu no ano 1977. Graduado en Enxeñería Agrícola e do Medio Rural pola Universidade de Santiago de Compostela (campus de Lugo) dispón tamén a titulación de enxeñería técnica nesta mesma rama na especialidade de Mecanización Agraria e Construción Rural, ademais dun mestrado en Prevención de Riscos Laborais.
A maior parte da súa actividade profesional estivo relacionada coa dirección e execución de proxectos de infraestruturas en ámbitos medioambientais, de hidráulicas, forestais e de construción polo que dispón dunha ampla experiencia de xestión.
No ámbito político Manuel Rouco traballou en tarefas de asesoramento técnico na Deputación Provincial de Lugo na Delegación de Medio Rural, durante o tempo en que esta institución estivo presidida polo Partido Popular.
Malia que esta é a súa primeira experiencia política directa nun ámbito desta responsabilidade Manuel Rouco comprometeuse a traballar intensamente para situar ao partido na mellor posición para afrontar as próximas eleccións municipais nas que os populares de Burela aspiran a recuperar a confianza maioritaria dos veciños.
Nas vindeiras datas perfilarase o conxunto de persoas que acompañarán a Manuel Rouco na xestora do Partido Popular local entre os que se atopan os actuais concelleiros e o portavoz municipal, responsabilidade que, polo momento, seguirá exercendo o presidente saínte Jose María González Barcia